Título do exercicio-1: Desenvolva un algoritmo que permita ler tres valores e almacenalos nas variables A, B, C respectivamente. O algoritmo debe imprimir por pantalla cal e o valor meirande.
Este é o diagrama do exemplo que vimos no video do tema 2 (pincha video tema 2), deixovos o enlace por si queredes votarlle unha ollada.
De seguido o pseudocódigo deste programa:
- Inicio
- Inicializar as variables A, B, C
- Ler os tres valores
- Almacenar os valores nas variables A, B, C
- Si A > B e B > C Entón
- Escribir A "É o maior"
- Se non
- Si B > A e B > C Entón
- Escribir B "É o maior"
- Se non
- Escribir C "É o maior"
- Fin
Recordemos a que chamabamos algoritmo: dixemos que non é máis que unha serie de instruccións para resolver un problema.
Se vos fixades na cabeceira da páxina antes do diagrama de fluxo exponse o títuto que non e máis que unha declaración dun problema, neste caso queremos averiguar cal e o maior de tres valores.
Poñamos outro exemplo para que que de máis claro:
Título do exercicio-2: Desenvolva un algoritmo que realice a suma dos números comprendidos entre o 1 e o 10, é dicir, 1+2+3..+10 e imprima o resultado por pantalla.
E o pseudocódigo:
- Inicio
- Declaración e inicialización de variables N = 0 e Suma = 0
- Asignación contador N = N + 1
- Asigniación acumulador Suma = Suma + N
- Si N = 10 Entón
- Escribir Suma
- Se non, repetir dende o paso 3.
- Fin
Estes dous exemplos son unha pequena mostra de aquí en diante deberiades intentar realizar un diagrama de fluxo e o pseudocódigo de todos os programas de exemplo que aparezan ó longo do curso.


Ningún comentario:
Publicar un comentario