Antes de comezar, que non
vos asuste si a cantidade de coñecementos e conceptos que se expoñen
a continuación vos parece excesiva. O propósito deste apartado é
proporcionar unha visión global dun programa en Pascal. Aínda non
temos a base suficiente para comprender en profundidade todos os
compoñentes dun programa, pero é interesante ver o aspecto global.
A estrutura xenérica dun
programa en Pascal sería a seguinte:
program
nome_do_programa
;
uses
unidades;
const
const_1
= valor_1;
const_2
= valor_2;
type
tipos_definidos_polo_usuario;
var
declaración_de_variables;
{**
Funcions e procedementos **}
procedure
definicions_de_procediementos;
function
definicions_de_funcions;
{**
Corpo do programa **}
begin
sentenzas;
end.
Imos ir explicando cada
unha desas partes.
program
Esta palabra marca o
comezo do programa e vai acompañada do nome que lle imos dar o noso
programa. Vai seguida de punto e coma que é o separador de
sentenzas.
Un dos erros que debemos
evitar é utilizar o nome do programa que aparece a continuación da
palabra program noutros elementos do noso programa, polo tanto debe
ser único en todo o desenvolvemento e non debe incluír espazos en
branco nin caracteres que non pertenzan ao léxico da linguaxe. No
apartado seguinte explícanse as regras para construír
identificadores.
program
exemplo;
uses
Esta palabra reservada
vai seguida dos nomes das unidades (units) que utiliza o noso
programa. Pero, que son as unidades? Son o que noutros ámbitos se
coñecen coma bibliotecas. Son un conxunto de utilidades das que o
programador pode dispor para construír o seu programa. Algunhas
proporciónaas o entorno de programación e outras podelas construír
ti mesmo ou proporcionalas un terceiro.
const, type
e var
No noso programa
precisaremos almacenar os nosos resultados no que se chaman variables
e é posible que utilicemos valores (números, letras, etc.) que non
cambien durante a execución do programa chamadas constantes. Por
último é posible que o programador cree estruturas de datos (unha
forma de agrupar información) axustadas as necesidades do seu
programa dando lugar a os chamados tipos definidos polo ususario.
procedure e
function
Cando en temas
anteriores mencionabamos a programación modular afirmabamos que era
recomendable descompor os programas en partes denominadas módulos ou
subprogramas. A forma de descompor o programa en módulos que
proporciona Pascal son as funcións e os procedementos.
begin-end
Este e o corpo do
programa principal. É o lugar onde comeza a executarse o programa, e
a palabra reservada end marca o seu fin. É o que e da en chamar
módulo principal en teoría da programación.
Léxico
dun programa en Pascal
Denominase léxico dunha
linguaxe a todas aquelas palabras (tokens) que poda ter un programa.
Co léxico constrúense os programas en Pascal. Dentro do léxico
destacan:
- Palabras reservadas
- Identificadores
- Comentarios
- Separadores
- Símbolos especiais
Palabras reservadas
Reciben este nome porque
significan algo especial para o compilador. Xa vimos algunhas:
program, var, const, procedure, function, begin, end.
O listado completo das
palabras reservadas en Pascal non é moi extenso, aínda que hai que
sinalar que os diferentes fabricantes de compiladores introduciron
algunhas con obxecto de aumentar as prestacións da linguaxe Pascal.
As que se consideran Pascal estándar son as seguintes:
|
and |
array |
begin |
case |
const |
|
div |
do |
downto |
else |
end |
|
file |
for |
function |
goto |
if |
|
in |
label |
mod |
nil |
not |
|
of |
or |
packed |
procedure |
program |
|
record |
repeat |
set |
then |
to |
|
type |
until |
var |
while |
with |
Identificadores
Os identificadores permiten dalle
nome a os diferentes elementos dun programa. O primeiro identificador
que empregamos e o nome do programa que aparece xunto a sentenza
program.
Por outra banda os
identificadores permiten “bautizar” a os subprogramas
(procedementos e funcións), a os tipos de datos e a os propios datos
de cada programa: variables e constantes. Un identificador é unha
cadea de caracteres que debe cumprir:
- Debe comezar por unha letra (a..z ou A..Z) e non pode conter espazos en branco.
- A partir do primeiro carácter están permitidos díxitos e o subliñado (_).
- Non se poden utilizar palabras reservadas como identificadores.
Si o noso programa intenta
calcular o saldo medio dunha conta corrente, seguramente precisaremos
un dato para almacenar ese saldo e o seu identificador podería ser:
saldo_medio
É importante que os
identificadores teñan un certo nome significativo que reflicta o
contido xa que isto axuda a hora de ler e modificar o código. Tamén
é importante destacar que Pascal non destingue entre maiúsculas e
minúsculas, polo tanto son o mesmo identificador saldo, Saldo, SALDO
ou sAlDo.
Comentarios
Un comentario é un texto
explicativo situado no código fonte do programa. Este texto é
ignorado polo compilador pero facilita a lexibilidade e comprensión
do código por parte de outro programador ou do propio autor unha vez
transcorrido certo tempo dende o seu desenvolvemento. En definitiva é
unha forma de incluír anotacións directamente sobre o código do
programa.
E como distingue o
compilador os comentarios do programa? Para que un texto se considere
comentario debe ir encerrado entre (* e*):
(*
Este formato é de comentario *)
Ou có seguinte formato
adicional nos compiladores de Turbo Pascal:
{
Isto é un comentario }
Os comentarios son de gran
importancia para dar claridade ao código e imprescindibles nas fases
de posta a punto e mantemento.
Símbolos especiais
Son
símbolos formados por un ou máis caracteres con un significado
específico. Xa vimos algúns: o punto e coma como separador de
sentenzas ou o punto final que da lugar a fin do programa. Tamén
forma parte destes os operadores matemáticos:
<
> . ; : { } [ ] + - * / <= >= # $
Separadores
Para
que as palabras reservadas, identificadores ou símbolos sexan
distinguibles uns dos outros fan falla separadores. En Pascal úsanse
como separadores o espacio en branco, o tabulador ou o caracter de
nova liña (Intro). Ademais os separadores permiten dar claridade a
lectura do código.
O meu
primeiro programa
Neste
apartado editaremos o noso primeiro programa en Pascal.
Program
Benvido;
Const
OLA='Benvido
ao mundo da
programacion';
Var
nome:
string[40];
begin
write('Introduzca
o seu nome:
');
readln(nome);
writeln(OLA,'
', nome);
readln;
end.
Ningún comentario:
Publicar un comentario